martes, 28 de abril de 2020

"O MÁIS BONITO QUE HAI EN GALICIA ES TI"


Aproveitando que este domingo é o día da Nai, dende o departamento de normalización lingüística queremos impulsar unha actividade, "O máis bonito que hai en Galicia es ti".

A actividade consistiría en qué fixérades unha postal para o domingo entregar á vosa nai, avóa ou quen vos consideres, escrita en galego. Na postal ten que aparecer o "lema" da actividade, "O máis bonito que hai en Galicia es ti" e poden incluir máis cousas como algún debuxo, algunha foto pegada ou máis cousas que queiraes escribir (sempre en galego).

Tedes de prazo ata o venres para mandalas por whatssap (ainda que non hai cole, deíxovos ese día tamén). Serán publicadas na web do colexio. As máis bonitas e creativas levarán 2 puntos.

(E unha cousa máis, se queredes que sea unha sorpresa para mamá ou quen sexa, non lle digades nada e mandarme a foto sen que elas se den conta).

No hay comentarios:

Publicar un comentario